www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 15 de Novembro de 2018

Cesantes esixe medidas para deter a degradación costeira da parroquia
Sociedade • 30/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A praia de Cesantes é o areal de referencia para todos os veciños de Redondela. Especialmente preocupados amósanse os veciños de Cesantes, que ven como ano tras ano a cantidade de area presente nesa praia diminúe. Denuncian a falta dun plan integral que actúe contra este problema e, pola contra, critican que se acometan medidas que aínda agravan máis a situación. Poñen como exemplo o xeito de retirar as algas "cun camión que leva grandes cantidades de area" ou mesmo a "retroescavadora que esta mesma fin de semana actuaba sobre o areal  desprazando a area da zona alta da praia cara o mar".


Muros a caer ou obras que inclúen a construción de muros practicamente sobre a area son algunhas das actuacións que dende a Asociación de Veciños entenden están a degradar aínda máis un litoral xa moi afectado e castigado pola constante perda de area.


Outra das cuestións que máis preocupación está a xerar entre os veciños é o xeito de traballar para retirar as algas que se acumulan na praia. Por unha banda o "cheiro insoportable" que producen os colectores onde se depositan as algas e, por outra, a posterior retirada das mesmas "un camión cunhas pinzas que ademais das algas retira terra e vai deixando fochancas alí onde traballa".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: