www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 21 de Novembro de 2018

AER critica a creación de postos de traballo precarios por parte do Concello
Política • 30/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Nestes días estanse a celebrar os procesos selectivos para a contratación de diferente persoal para cubrir diversos postos de traballo de carácter temporal. Unhas contratacións que fai o Concello ao amparo dunha axuda da Deputación. Dende AER explican que os futuros contratados terá unha retribucións bruta mensual de 825,65 euros a xornada completa de luns a venres e critican que "malia que a Deputación daba a posibilidade de engadir un complemento salarial ou establecer xornadas parciais con ese mesmo soldo, o goberno local decantouse pola creación de postos de traballo en precario a xornada completa".


Dende a Agrupación de Electores de Redondela (AER) denunciase que con estes postos de traballo "sácase a relucir a visión que o PP ten no que respecta á creación de novos postos de traballo: postos laborais precarios e con baixos soldos". AER considera que é unha tomadura de pelo que se estean a ofertar dende o Concello de Redondela postos de traballo cun salario de 825,65€ brutos para xornadas completas e xa coas pagas extras prorrateadas.


Segundo AER, "ao Alcalde debería caerlle a cara de vergoña por tentar aproveitarse da necesidade de moitos veciños e veciñas con necesidade dun posto de traballo, para tentar contratalos cuns soldos que rozan a precariedade". Insisten que a Deputación daba dúas posibilidades que o goberno local non tivo en conta: ou engadir un complemento salarial á cantidade concedida pola Deputación ou establecer xornadas parciais con ese mesmo soldo. "Sorprendentemente o goberno local de Redondela non se decantou nin por unha nin por outra, se non pola creación de postos de traballo en precario a xornada completa".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: