www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Música tradicional coas Abeleiras de Alxán e percusión innovadora con Roberto Oliveira no Multiúsos
Cultura • 26/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Cultura déixanos esta fin de semana dúas propostas musicais completamente diferentes. A primeira o sábado será coa música tradicional do grupo de Soutomaior As Abeleiras de Alxán. O domingo chegará a propostas innovadora do percusionista Roberto Oliveira. Ámbalas dúas actividades será ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.


O Multiúsos da Xunqueira acolle o domingo 28 un concerto deste percusionista especializado en música contemporánea, Roberto Oliveira de Salceda de Caselas. Un concerto que trae a Redondela unha proposta innovadora no musical que fará saír un pouco das actividades habituais ás que estamos acostumados en concertos de percusión. As entradas están a venda no propio auditorio e o prezo é de 5euros público en xeral e 3 euros entrada reducida para estudantes, parados e pensionistas.


O sábado día 27 o coro tradicional de Abeleiras de Alxán, dará un recital no multiúsos ás 20:00 horas. Este numeroso grupo coral, composto maiormente por mulleres, e ao que acompañan musicalmente instrumentos tradicionais como a gaita, o acordeón, o bombo ou o tambor, deleitaranos cun recital de música folklórica galega e temas de sempre forman parte xa do repertorio tradicional e da música dá terra. Escoitaremos música de cantareiras e cantigas.


Preséntanse con vistosos traxes tradicionais e tocados que redondean a posta en escena. Este grupo, procedente de Soutomaior, ten tamén entre os seus compoñentes a numerosos veciños e veciñas de Redondela.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: