www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

Anxo Lusquiños afronta un segundo mandato como responsable local do BNG
Política • 26/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Un ano despois de ocupar este cargo confía en recuperar o apoio dos votantes “vimos de pasar momentos moi complicados, pero soubemos actuar con coherencia e corrixir erros, hoxe moita xente volve mirar para nós e non podemos defraudalos”. Inicia esta nova andaina coa vista posta nas eleccións municipais e co obxectivo desaloxar ao PP do goberno.


Apunta como algunhas das accións máis importantes desenvolvidas polo BNG nos últimos tempos “a defensa da parroquia de Chapela diante da agresión que supón a ampliación a AP9, a loita pola apertura do centro de día de Cesantes, a campaña de información e o asesoramento diante do catastrazo”. Accións que serviron tamén para sumar novos militantes e simpatizantes “o que nos da forza para seguir na loita e darlle voz ao noso pobo”.


Engade que a aposta do BNG pasa por “un goberno alternativo o PP, no que o BNG vai loitar para teñamos unhas verdadeiras políticas sociais, de participación veciñal, medioambientais, de transparencia e, de igualdade. E dende logo para que o noso concello volva ser un referente na defensa da cultura e da lingua propia deste pais”.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: