www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

Alertan do estado de abandono da zona da Estación en Chapela
Sociedade • 25/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de veciños da parroquia insta ao goberno local a que proceda a limpar a zona e arranxar o muro da estación por entender que a situación actual supón un perigo para veciños e usuarios. Alertan da existencia de cascallos que dificultan os accesos, acumulación de lixo e maleza nas inmediacións do antigo apeadeiro e o perigo de derrube que presenta o muro da estación do que se desprenderon xa varias pedras.


Ante esta situación de abandono a Asociación de Veciños reclama ao goberno que actúa e proceda a arranxar o muro pola seguridade de veciños e usuarios e que acondicionen toda a zona da estación cuxo estado se viu empeorado coas obras de instalación do cableado de telefonía que arrancaron hai un mes e que segundo denuncia "están abandonadas dende hai dez días". Malia que a empresa non está a traballar non procedeu a retirar os cascallo nin o valado que ocupa parte da estrada "poñendo en perigo a circulación e integridade física dos peóns".


Explican tamén dende a Asociación que a causa das obras, os camións de recollida selectiva non puideron facer a recollida polo que se foi acumulando na zona grande cantidade de lixo, plásticos, cristais, colchóns e todo tipo inmundicias incontroladas.
A todo isto engaden que as 3 edificacións de ADIF, a Caseta de "R" e o contenedor que se acondicionou como baño para unha das edificacións están cheas de graffitis e rodeadas de lixo e maleza, sobre todo a casa do antigo apeadeiro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: