www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Siniestro Total, Sés, Dakidarría e Zamaramandi ofrecen un concerto solidario en Chapela
Cultura • 24/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A cita será na explanada do pavillón da deportes da parroquia o venres 2 de xuño e as entradas están xa a venda en nve locais de Chapela, Redondela e Vigo a un prezo de 10 euros anticipada, 12 euros na billeteira. O concerto, organizado polo grupo de Apoio á Familia Mateo busca recadar cartos para reconstruír a casa de Sesé, a muller asasinada en febreiro pola súa ex parella cunha explosión de gas na súa vivenda.


Dende hai semanas os voluntarios traballan na reconstrución dunha casa que quedou notablemente afectada. Malia o apoio recibido e o traballo de numerosos voluntarios, a reconstrución atopouse tamén con algún problema a maiores. Explica Xurxo Constela, do grupo de Apoio á familia Mateo que unha parede que parecía intacta terá tamén que ser reconstruída logo de que así o aconsellasen os técnicos.


Precisamente neses traballos e en axudar á familia de Sesé a que retome a normalidade na medida do posible investiranse os cartos que se recaden no concerto que se celebra o vindeiro venres día 2 e no que colaboran catro formacións musicais que de xeito desinteresado "non dubidaron en participar". Son Zamaramandi, Dakidarría, Ses e Sinistro Total "un concerto diferentes no que os grupos interpretarán cancións conxuntamente así como os seus temas máis ocñecidos".


As entradas están xa a venda e pódense adquirir en Vigo (Discos LP, HOnky Tonk Discos e o bar Princesa), en Chapela (estanco Melón, Cafetería Kima e na tapería O Berete) ou en Redondela (Copy, Cal3 Fotografía e Discotaska).


Existe tamén fila cero para todas aquelas persoas que non puidendo ir ao concerto queiran colaborar (ES36 2080 5030 8030 0016 1486).


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: