www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Outubro de 2018

Os edís Jorge Varela "Chopi" e Raquel Quintáns renuncian ao seu posto de concelleiros
Política • 23/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O edil de AER, Jorge Varela "Chopi" e a concelleira non adscrita Raquel Quintáns renuncian ao seu posto na corporación municipal. Comezan así os cambios na corporación redondelá e, tal e como estaba previsto, mediando o mandato os concelleiros de AER e a concelleira non adscrita presentarán a súa dimisión. As primeiras renuncias faranse efectivas no pleno que se celebra este xoves ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.


No caso de AER as renuncias serán paulatinas, e trala de "Chopi" farano en vindeiras sesións os seus compañeiros de partido: Ricardo Figueroa, Bernado Crespo "Campa" e Beatriz Laiño. Entrarán no seu lugar Xosé Covelo, Noé Cano, Roberto Darriba e Javier Bastos. No caso do grupo de traballo o posto baleiro deixado por Quintáns será ocupado por Enrique Fojo, número dous da súa lista.


Estes cambios responden ao compromiso dos edís de abandonar a concellería no ecuador do mandato e dar paso así a outros compañeiros de partido que deberán agora asumir as súas responsabilidades políticas na corporación ata as vindeiras eleccións municipais. A Agrupación de Electores acordou facer o cambio de xeito gradual para non atoparse sen representación nalgún pleno, xa que os trámites entre a dimisión dun concelleiro e a entrada do seu substituto demórase aproximadamente un mes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: