www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

O Multiúsos da Xunqueira acolle un debate sobre a AP-9
Sociedade • 22/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A cita, organizada polo xornal A Nova Peneira, contará coa presenza de representantes de todos os grupos políticos con presenza na corporación así como da asociación de empresarios e a asociación de afectados pola ampliación da autoestrada. O debate celébrase este martes día 23 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.


Ao longo de dúas horas establecerase unha charla-debate coa intervención de Carmen Amoedo (PP) Eduardo Reguera (PSOE) Roberto Villar (AER) Xoán Carlos González (BNG) Joshua Rodríguez (Grupo de traballo municipal) Enrique Lago (presidente da Asociación de empresarios) e Francisco Puch (Asociación afectados pola AP-9) e analizarase a incidencia que a AP-9 causa sobre o noso concello.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: