www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 18 de Novembro de 2018

Éxito de público na clausura do Festival de Títeres
Cultura • 22/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Milleiros de persoas viviron unha intensa fin de semana de títeres en Redondela. Prazas e rúas foron as protagonistas de numerosos espectáculos que contaron coa participación do público que volveu confiar nesta cita cultural para pasar dúas xornadas en familia.


Malia o sol de xustiza que nos acompaño una xornada de onte, a praia non restou afluencia a ningún dos espectáculos programados. Así, o roteiro participativo "estas coma un cencerro" que se realizou polo paseo do Maceiras contou nesta edición con numerosas "ovellas" pastoreadas polo grupo Xip-Xap teatre. Unha festa que arrancaba no mediodía e que se prolongaba ata a noite con representacións na Alameda, na casa da Torre cos peiteados imposibles de Sienta la Cabez, na praza da petanca, na Xunqueira e, como non, o cartel de non hai entradas que volvía verse na billetiera do Multiúsos, onde un virtuoso das marionetas chegado dende os Estados Unidos, Huber Marionetes e o seu espectáculo "En suspensión", era o encargado de pechar a programación deste ano no que o festival cumpriu a maioría de idade incrementando aínda máis se cabe o apoio do público.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: