www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Redondela prepárase para o asalto final dos títeres
Cultura • 19/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Intensa fin de semana a que nos deixa a programación do Festival de Títeres de Redondela cunha invasión de monicreques a cargo de nove compañías que ofrecerán a ta un total de 28 representacións de rúa, ás que hai que engadir as propostas de sala, as cinco e nove da noite, as actuacións musicais e a ruada "Estas coma un cencerro" polo paseo do Río Maceiras.


A programación do venres esta protagonizada pola compañía arxentina El Chonchón, encargada de pechar a programación escolar co espectáculo infantil "Los cómicos del novecientos", mentres que pola noite ás 21:00 horas ofrecerá un pase de sala con "Juan Romeo y Julieta María". Os arxentinos mostrarán como catro títeres poñen en escena a clásica traxedia de Romeo e Julieta de William Shakespeare cunha grande carga de absurdo e disparate.


El Chonchón volverá ás rúas de Redondela na fin de semana con "Bruno Estampilla", o sábado ás 18:00h e 20:00h no Campo da Petanca e o domingo ás 18:00h e 19:30h na Praza do Concello.


Na fin de semana as propostas de sala chegarán o sábado con T´tieres sin cabeza e a súa obra "Recreo" ás 17:00 horas e xa pola noite, ás 21:00 horas co madrileño Didi Rodan e a súa proposta "Huellas en la Arena".


O broche de ouro correrá a cargo de Huber Marionettes dos Estados Unidos que ofrecerá o espectáculo "En suspensión" ás cinco e nove da noite.


E mentres as rúas encheranse de espectáculos, música e propostas participativas como o rueiro "está coma un cencerro" que convida ao público a converterse nun rabaño de ovellas trashumantes que percorrerán o paseo do Río Maceiras a partir das 11:45 da mañá do domingo ou o show fin de festa que se celebrará durante a tarde na praza da Casa da Torre.


E ata o remate do festival outras proposta a non perder pasa por achegarse aos autómatas que conforman a exposición de La Tartana, unha compañía de títeres que leva 50 anos elaborando os seus propios bonecos, algúns das cales pódense ver e manipular na sala de exposicións do Multiúsos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: