Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

A compañía andaluza La Canela presenta "La semilla" no Multiúsos da Xunqueira
Cultura • 18/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Tralo éxito de público o Día das Letras Galegas na programación de rúa, o Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) retoma a programación de sala coa obra "la semilla" da compañía andaluza La Canela. O pase terá lugar ás 21:00 horas. Dende a organización lembran que xa están a venda as entradas para o resto das función do venres, sábado e domingo.


O Auditorio do Multiusos acollerá ás 21:00h, á compañía andaluza La Canela, que porá en escena a montaxe "La Semilla" dentro da programación de sala. O espectáculo, recomendado para maiores de 8 anos, trata sobre as diferentes maneiras de medrar. Para que algo medre san e forte haino que coidar, canto máis amor sementamos, máis aloumiños colleitamos. Para facer medrar unha obra teatral hai que regala todos os días, coidala, mimala, e sobre todo, compartila.


As entradas para o espectáculo, así como para o resto da programación, poderanse adquirir a partir das 19:00h na billeteira do teatro, a un prezo de 6€ adultos e 4€ nenos.


Unha programación de sala que chega logo dun mércores festivo no que os monicreques tomaron as rúas con centos de persoas que gozaron das actuacións ao aire libre. Espectáculos que volverán encher o casco urbano na xornada de sábado e domingo que nos anuncia unha intensa programación.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: