www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 10 de Decembro de 2018

O Parlamento apoia a proposta do BNG para urbanizar un treito da AP-9 e suprimir a peaxe
Política • 18/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O portavoz nacionalista na Comisión de Ordenación Territorial, Luís Bará, acadou o apoio de todos os grupos da Cámara para reclamar ao Goberno central a execución das medidas necesarias para converter en vía urbana o treito de acceso da AP9 a Vigo así como para a supresión da peaxe de desde Redondela e Vigo pola entrada desde Rande.


Durante a súa argumentación, Bará indicou que a urbanización dese tramo da AP9 mellorará a mobilidade no barrio de Teis e desconxestionará a rúa Sanxurxo Badía agora cunha elevada intensidade de tráfico. O BNG aposta para humanizar estar entrada á cidade olívica coa alternativa que defenden as asociacións veciñais de Teis e de Chapela "que consideran que a mellor opción para a transformación en vía urbana e desde as Torres de Padín no arranque do termo municipal".


A formación nacionalista considera que está actuación é viAble porque á altura das torres xa existe unha saída da autoestrada, o que facilitaría outra saída en dirección Puxeiros-Rande.


Bará tamén deixou claro na súa intervención que a conversión dese tramo da AP9 "debe complementarse coa eliminación da peaxe no treito entre Rande e Vigo, medida que redundaría na mellora da mobilidade en Trasmañó, Chapela e Teis", argumentou. "Sería unha actuación máis ampla e máis ambiciosa", indica.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: