www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Marga, unha muller titiriteira
Cultura • 18/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Emotiva homenaxe a rendida polo colectivo Xente Titiriteira a Marga Maderal Cal no transcurso desta 18 edición do Festival Internacional de Títeres. Amigos e compañeiros asistían emocionados a este acto no que se lembraba a unha muller "combativa e solidaria" que aló polo ano 2000 decidía entrar na comisión que colocaba os primeiros alicerces dun festival que celebra este ano a súa maioría de idade.


Música, fotografías e unhas palabras ás que lle poñía voz un emocionado Eduardo Rodríguez Cunha Tatán serviron para lembrar a Marga Maderal Cal quen falecía o pasado mes de setembro nun accidente de tráfico.


"Mulleres coma ti non parten, están" concluía Tatán logo de lembrar como dende os inicios esta mestra e titiriteira colaborou activamente primeiro para que o Festival botara andar e nos anos posteriores para que non decaese o ambiente festivo que rodea a esta cita.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: