www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Xullo de 2018

Xente Titiriteira lembra a Marga Maderal Cal
Sociedade • 15/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acollerá este martes ás 20:00 horas un pequeno acto en lembranza de Marga Cal, unha muller que estivo dende os seus inicios na organización do Festival de Títeres e que nos deixaba hai apenas uns meses. Unha homenaxe que se suma a outras como as que recentemente organizaban dende o Colexio de Cedeira, na que os seus compañeiros e exalumnos lembraban a súa faceta de mestra comprometida a través dun vídeo e unha exposición (https://www.youtube.com/watch?v=NNFONrvJesg)


O acto homenaxe que terá lugar na tarde do martes na entrada do Multiúsos da Xunqueira consistirá na interpretación dun tema musical e unha proxección fotográfica, "un acto íntimo" en palabras de Eduardo Rodríguez Cunha Tatán quen lembraba a incansable colaboración de Marga Cal na realización do festival dende os seus inicios.


Non é esta a única homenaxe que nos últimos tempo se lle teñen feito a Marga Maderal Cal, a quen se lembra con especial cariño no colexio de Cedeira, onde foi mestra ata a súa xubilación.


Foi ela a protagonista dunha exposición elaborada por profesores e alumnos co gallo do Día da Muller e tamén, os que foran os seus alumnos e compañeiros, elaboraron un sentido e cariñoso vídeo na súa memoria onte se recolle a fonda pegada que esta mestra deixou entre os rapaces e rapazas que pasaron polas súas aulas.


Un vídeo ao que se pode acceder a través do enlace   https://www.youtube.com/watch?v=NNFONrvJesg


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: