www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

O Arealonga FS descende tras a derrota ante o Valladares
Deporte • 15/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O equipo de Chapela non foi quen de vencer no último partido da tempada, unha derrota que o mantén na decimo cuarta praza do grupo e que supón o descenso do equipo. Redondela e Campito pecharon a competición oficial con vitorias antes o Abetos e o Verín Sala respectivamente.


Finalmente non puido ser o o Arealonga despídese da Autonómica Sur logo dunha tempada na que non lograron os seus obxectivos. A derrota de onte ante o Valladares por 2-3 deixa ao equipo de Chapela nas prazas baixas da categoría, só por riba do Celado e o Ourense Mariñamansa. Unha derrota máis dura se cabe tendo en conta que se fraguou nos últimos segundos do partido. A tan so 32 do remate o Arealonga vencía por 2-1 e sería nese medio minuto cando os rivais lle encaixaron dous tantos que deixarían o marcador no definitivo 2-3, relegando ao equipo a ese decimo cuarta praza que o sitúa en postos de descenso.


Mellor lle foron as cousas aos outros dous clubs de Redondela que militan nesta categoría. Así o Redondela despídese cunha vitoria de 5-2 ante o Abetos e despiden a tempada nunha meritoria sexta praza.


O Campito pola súa banda é o mellor clasificado dos tres, a súa vitoria no campo do Verín por 2-3 déixaos na quinta praza do grupo.  


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: