www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

Triunfo para as féminas de Chapela en augas de Meira, con bronce para os xuvenís de Cesantes
Deporte • 15/05/2017
Autor: Ana Prieto

O C.R. Chapela fíxose o sábado coa vitoria na regata organizada por Samertolaméu, mentres que o sábado tiveron que conformarse coa terceira praza, por detrás das de Meira e Vilaxoán. Nos xuvenís Cesantes fíxose coa terceira praza o sábado, nunha proba con tres únicos participantes.


Traiñeiriñas


Ao non haber competición de trainerillas este fin de semana pola suspensión da regata do Grove, a S.D. Samertolaméu, de acordo con algúns clubs, preparou unha serie de tres regatas, o sábado a primeira, onte domingo a segunda e o vindeiro mércores día 17 a terceira, para que os remeiros manteñan o ritmo de competición. Nas seguintes fins de semana terán que afrontar regatas oficiais e clasificatorias como os territoriais, o autonómico e o Campionato de España que se celebra en Meira os 3 e 4 de xuño. O sábado, na categoría feminina a tripulación de Chapela impúxose con claridade con Samertolaméu moi preto. Logo Mecos, Coruxo e moi atrás Tirán. A proba de xuvenil masculino foi para Bueu, con notable vantaxe sobre Samertolaméu que foi segundo e Cesantes terceiro, os únicos tres equipos que competiron nesta categoría. Na proba de absoluto masculino con participación de 19 equipos, o campión foi Tirán, seguido de Moaña e Mecos, terceiro.


Onte domingo, con equipos convidados da zona, os gañadores foron Samertolaméu, Rianxo e Mecos. As mozas de Samertolaméu desbancaron ás atletas de Chapela na proba feminina, e Vilaxoán meteuse na segunda posición, deixando ás redondeláns na terceira praza. En xuvenil masculino foron os invitados do C.R. Rianxo os campións, por diante de Bueu e Cabo da Cruz. E na categoría absoluto masculino, moita rivalidade entre Mecos, Tirán, Meira e Moaña. Onte foron os atletas do Grove os que se impuxeron deixando a Tirán a un segundo e Meira e Moaña a oito e nove respectivamente.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: