www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 15 de Novembro de 2018

Medio Ambiente confía en librar a praia de Arealonga da bandeira vermella
Sociedade • 12/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Nos últimos anos e de xeito periódico a praia de Chapela iza a bandeira vermella alertando aos bañista do mal estado das augas e da presenza de coliformes que desaconsellan mergullarse na auga. Co obxectivo de mellorar a calidade da auga neste areal, dende o Concello teñen realizado diferentes actuacións encamiñadas a ampliar o saneamento na parroquia e reparar aqueles punto que presentaban algún desperfecto nas canalizacións. O edil de medio Ambiente insiste con todo, en que a situación dese areal está moi condicionada polo funcionamento da depuradora de Teis.


O edil responsable de Medio Ambiente, Miguel Angel Alvarez asegura que se teñen acometido numerosas obras de mellora encamiñadas a eliminar posibles vertidos que acaban afectando á praia de Arealonga en Chapela. Concretamente, estas melloras consistiron en identificar aqueles puntos que producían algún vertido no río Pugariño que desemboca neste areal e proceder ao seu arranxo. Tamén ampliar a rede de saneamento. Explica o edil que as actuación máis importantes consistiron en dotar de saneamento as  zonas de Catro Pontes, Pousadoura, e Camiño das Silveiras, repara a mala conexión existente na zona do Penisal e renovar a rede na Ponteseca.


Por outra banda, e logo de repetir bandeira azula para a marxe dereita da praia da Punta márcase esta Concellería como obxectivo a medio prazo, lograr ampliar ese distintivo á zona esquerda. Neste sentido, están pendentes dunha subvención da Xunta que permitiría mellorar a accesibilidade e outros servizos ao resto da praia


E ante as queixas dalgúns veciños sobre o estado do parque infantil que se atopa no areal,  explica o edil que o deterioro que presentan algúns elementos de xogo é efecto da acción da area e a auga salgada e aclara que ante algunhas informacións que falan de vertidos na zona "non existe ningunha canalización de augas fecais que pase por ese parque, tan só de augas pluviais".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: