www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

A Festa do Choco abre a carpa na que se desgustará "o mellor choco do mundo"
Sociedade • 12/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A novidade principal desta edición é esa apertura das casetas de degustación xa na xornada de hoxe venres. Ademais de chocos os asistentes poderán gozar co actuación dos grupos de baile de Redondela Salsa Rica, Serivocio, o ballet de Déborah e o grupo de baile de Cedeira. Dende as 20:00 e ata a medianoite os comensais poderán degustar o choco nas súas diferentes especialidades, guisado, con arroz, en empanadas e tamén propostas máis innovadoras como as faixiñas de chocos ou a fideuá de chocos con ameixas. A inauguración oficial será o sábado ás 12:00 horas e o pregón, a cargo da cantante e actriz Eva Iglesias, será o domingo ás 12:30.


A decisión de adiantar a apertura da carpa responde a unha petición dos propios hostaleiros que confían así en incrementar as vendas. Entre outras actividades previstas o sábado haberá unha demostración de cociña a cargo de Casa Obdulia ás seis da tarde e a 20:00 horas proxectarase un audiovisual no que se recolle a vida do choco na enseada.


Pola noite a música correrá a cargo do grupo Airiños da peneda xunto co dúo Sabor latino.


O domingo quenda para Eva Iglesias, a actriz e cantante colaboradora do programa Land Rober que se encargará de ler o pregón ás 12:30.


Pola tarde os máis pequenos poderán participar dun karaoke infantil e a xornada pecharase coa música da Big band do conservatorio baixo a dirección de José Pérez Arias.


Visitas a San Simón


A Festa do Choco inclúe rutas á Illa de San Simón e paseo en barco pola enseada, a un prezo de 3 euros por persoa. As saídas terán lugar ás 12:00h dende o pantalán do Meirande e dende o porto de Cesantes ás 16:30. Reserva na oficina de turismo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: