www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Unha moción de censura condenada ao fracaso malia a indignación polos casos de corrupción
Política • 8/05/2017
Autor: Ana Prieto

 

Os redondeláns entenden que a moción de censura contra Mariano Rajoy proposta por Podemos está "condenada ao fracaso", malia a indignación cidadá polos casos de corrupción que padece o PP. En Redondela, son moitos os veciños que se amosan "fartos" da corrupción política, que está levando ao país "á ruína", pero entenden que a moción proposta polo partido de Pablo Iglesias só é "un xeito de chamar a atención".


A moción de censura anunciada por Unidos Podemos é a crónica dun fracaso anunciado. Os de Pablo Iglesias pretenden con esta inciativa recoller "a indignación" cidadá que vai en aumento polos casos de corrupción do PP destapados coa operación Lezo. Pero non sairá adiante ao non contar cos apoios suficientes no congreso. En Redondela, son moitos os veciños que se amosan "fartos" da corrupción política, que está levando ao país "á ruína". Ramón nega que se trate de "casos illados" dentro do Partido Popular e lamenta que Rajoy "non dea a cara". Con todo, os redondeláns entenden que unha moción de censura non é a solución, sobre todo neste caso, cando non conta con apoios suficientes na cámara, e esixen un endurecemento das penas para os corruptos. Moitos entenden que a iniciativa de Podemos é só "un intento de acaparar a atención mediática". Para algúns veciños, máis importante que unha moción de censura, sería un endurecemento das penas polos delitos de corrupción política, e que os condenados devolveses os cartos roubados ás arcas públicas. Nicolás entende que sería un xeito de "persuadir" aos políticos para que non cometesen ilegalidades. Con todo, hai quen entenden que esta moción é necesaria porque se trata dunha "chamada de atención" ao goberno de Rajoy porque os casos de corrupción que afectan ao PP son "insoportables". Luis mesmo defende que serían necesarias unhas eleccións anticipadas. E hai quen culpa da actual situación "á pasividade" da cidadanía, xa que malia os "reiterados" casos de corrupción o PP seguen sendo o partido máis votado, com advirte Alfredo.


En todo caso a iniciativa de moción de censura de Unidos Podemos nace morta pola falta de apoios na Cámara Baixa. PSOE, Ciudadanos e PNV rexeitan a proposta. A moción de censura de Podemos podería chegar a solicitar a día de hoxe un máximo de 82 votos a favor (67 de Unidos Podemos, nove de ERC, catro de Compromís e dous de EH Bildu), lonxe dos 176 necesarios para saír adiante. Tras convocar unha manifestación en defensa da moción de censura para o día 20 de maio na Porta do Sol, todo apunta a que o debate non se producirá antes das primarias socialistas para elixir o seu secretario xeral, que se celebrarán o 21 maio.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código:

Audios relacionados co artigo
Fartos da corrupción
Ramón afirma sentirse farto da corrupción e esixe que os condenados devolvan os cartos para poder saír de prisión.
Unha moción para facer ruído
Hai quen acusa a Podemos de buscar protagonismo mediático coa moción de censura.
Endurecemento das penas por corrupción
Nicolás entende que máis efectivo que unha moción de censura sería un acordo para endurecer as penas para os corruptos.
Eleccións anticipadas
Luis entende que a moción é necesaria para chamar a atención polos reiterados casos de corrupción do PP. E pide eleccións anticipadas.
Pasividade social
Alfredo culpa da actual situación á pasividade da cidadanía que vota ao PP malia os reiterados casos de corrupción.