www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

O Arealonga FS afronta o último partido da tempada en postos de descenso
Deporte • 8/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A derrota desta fin de semana en Beade (5-3) deixa ao equipo de Chapela na decimo cuarta praza do grupo, unha situación que os coloca en postos de descenso. Redondela e Campito, asegurada a permanencia, lograron resultados dispares nesta penúltima xornada. O Redondela vencía na súa visita ao campo de As Neves (4-5) e o Campito, malia xogar na casa, non era quen de vencer ao Lume Corbatas (3-5).


Non puido ser e o Arealonga non logrou facerse cos tres puntos en xogo na súa visita ao campo do Beade. Uns puntos moi necesarios para un equipo situado na parte baixa da táboa e que logo da derrota desta fin de semana atópase entre os equipos en postos de descenso. Iso si, aínda resta unha xornada e, dependendo do que poidan facer os seu rivais directos así como do resultado que deixe o partido que van disputar ante o Valadares no pavillón de Chapela aínda poderían salvar a categoría.


Máis relaxados afrontan esta recta final da tempada tanto Campito como Redondelas. A derrota do Campito desta fin de semana por 3-5 ante o Lume Corbatas sitúa a este equipo na quinta praza da autonómica sur. Na vindeira semana xogarán contra o cuarto clasificado, o Verín e farano fóra da casa.


O Redondela pola súa banda despedirá esta tempada no pavillón novo da Marisma, campo no que xogarán contra o Abetos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: