www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

O BNG de Soutomaior acusa ao PP de reducir a débeda a conta de non dar servizos aos cidadáns
Política • 5/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O voceiro do Bloque, Manu Lourenzo critica que malia contar con maioría absoluta o goberno de Agustín Reguera presente os orzamentos municipais con cinco meses de atraso e "sen consensuar con ninguén". Acusa ao alcalde de mentir cando asegura que mantén conxeladas as taxas municipais "cando o recibo da contribución pasou do 0,45 % ao 0,56 % e cando foi o propio Agustín Reguera o que solicitou que os veciños tributasen un 10% máis polo valor das súas propiedades" e de ocultar que boa parte das obras feitas no concello foron financiadas con cartos da Deputación.


O voceiro do BNG calificou de propio dun "goberno acabado" o feito de que Agustín Reguera teña que recorrer á mentira para xustificar os seus propios orzamentos. "Din que teñen conxelados os impostos cando o recibo da contribución pasou do 0,45 % ao 0,56 % e cando foi o propio Agustín Reguera o que solicitou que os veciños tributasen un 10% máis polo valor das súas propiedades.


A este respecto, o voceiro do BNG criticou que o goberno local presuma de "débeda 0" coa situación que están a padecer as veciñas e veciños. "O PP prefire que os impostos dos veciños beneficien aos bancos e por iso deixan orzamento sen executar namentres os comerciantes locais están a pasalas canutas,namentres temos un caos de tráfico, namentres a xente vai mercar fóra porque aquí as rúas están abandonadas.


Así mesmo, dende o BNG sinalaron que os principais investimentos que se están a facer no concello parten da Deputación e cualificou de" infantilismo político" o feito de que Agustín Reguera trate de ocultar que a Deputación de Pontevedra é quen paga boa parte das obras que se fan no concello. O feito de que poña como exemplo o arranxo do campo de Candán, ou o arranxo de lavadoiros cando esas melloras pagounas a Deputación demostran ata onde é capaz de chegar o PP coas súas mentiras.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: