www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Decembro de 2018

Redondela homenaxea a Carlos Casares
Cultura • 5/05/2017

A súa obra literaria, compromiso social, o seu paso pola política, a defensa de Galicia e do galego son algúns dos aspectos que se recollen da figura do escritor ourensán na exposición que se pode visitar no Multiúsos da Xunqueira ata o vindeiro 15 de maio.


A Concellería de Cultura continúa cos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas coa inauguración da exposición "Carlos Casares. Creación e compromiso ético" na que se repasa boa parte da traxectoria do escritor dende a publicación do seu primeiro libro de relatos "Vento ferido" en 1960 até a súa última obra "O sol de verán" (2002) co que gañou o Premio Nacional da Crítica daquel ano. Un dos moitos recoñecementos que obtería o ourensán na súa traxectoria como destacaba a concelleira de cultura, Teresa París"


A súa claridade, a sutileza e fina ironía no tratamento de temas do noso tempo e o seu afán renovador nas técnicas narrativas, son, segundo a Real Academia Galga, as marcas máis características do seu estilo, como tamén destacaba o profesor Carlos López Bernárdez durante a súa participación na mesa redonda celebra este xoves no Multiúsos e na que se falou do Carlos Casares poeta, escritor de literatura infantil, impulsor da nova narrativa galega así como das súas colaboracións xornalísticas.


Un legado que dende a súa repentina morte en marzo de 2002 vén conservando e difundindo a Fundación que leva o seu nome dende ese mesmo ano.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: