www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Máis de catrocentos nenos participan dunha "Lectura na Rúa" ás portas do Multiúsos
Cultura • 4/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Catrocentos trinta e un alumnos do CEP Santa Mariña e o EEI A Marisma de Redondela, de entre 5 e 12 anos, celebraron hoxe a súa particular homenaxe ao libro no mes das letras Galegas. A actividade, que nace con vocación de continuidade, desenvolveuse ao longo do Paseo da Xunqueira e consistiu nunha lectura na que participaron os rapaces e rapazas destes centros educativos .


"Lectura na Rúa", que se desenvolverá de 10:00 a 13:30 h., é unha iniciativa da biblioteca do CEP Santa Mariña que conta coa colaboración do EEI A Marisma e as Bibliotecas Municipais de Redondela que busca celebrar fóra das aulas unha lectura conxunta de diferentes textos  para o cal colocáronse uns expositores con lecturas variadas, entre as que non faltaban as obras de Carlos Casares a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas.


Logo das actividades no exterior, o alumnado asistiu a diversas actuacións entre as que destaca a de Paco Barreiro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: