www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

O PP presenta un orzamento de 4,3 millóns de euros para Soutomaior
Política • 4/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O gasto en investimentos sitúase nos 605.000 euros, dos cales 235.000 destinaranse a mellorar a rede de saneamento municipal e na mellorar das estradas no barrios de Aranza, Comboa e Sameán. O goberno local destaca un incremento de ata un 45% nas partidas destinadas á promoción de actividades culturais e de mocidade. O alcalde, Agustín Reguera, definiu estes novos orzamentos como "realistas e baseados na eficiencia na xestión. Aseguran o mantemento e mellora de todos os servizos ao tempo que se mantén a política de Débeda 0 e a conxelación de taxas municipais por quinto ano consecutivo".


O goberno local do Concello de Soutomaior ven de presentar os seus orzamentos para o ano 2017. A estimación de ingresos ascende a 4,3 millóns de euros, 300.000 euros máis que o ano anterior, o que supón un crecemento do 7,5 % con respecto ao exercicio pasado.


A previsión para este ano contempla un aumento xeneralizado en case todas as partidas, destacando especialmente as dedicadas á promoción de actividades culturais e de mocidade, que ascenden un 30 e un 45% respectivamente. As áreas de Educación, Igualdade, Servizos Sociais verán como a súa asignación aumenta este ano.


O total destinado para investimentos este ano fíxase en 605.000 euros, dos cales 235.000 destinaranse a mellorar a rede de saneamento municipal e á mellora e conservación de diversas estradas e vías do municipio. Neste sentido destacan os investimentos nos barrios de Aranza, Comboa e Sameán, nos que se pavimentarán as principais vías, e o da Montesiña, onde se ampliará a rede de saneamento,


A área deportiva municipal tamén verá aumentar o seu orzamento para este ano para continuar cos investimentos en diversos centros municipais, prevéndose a mellora no Campo do Salgueirón. Ademais, construirase unha nova pista de padel no pavillón da Montesiña. Unha mellora que permitirá ao club local axustarse á normativa da federación galega, que esixe ter tres pistas dispoñibles, e poida disputar os seus partidos en Soutomaior, sen ter que desprazarse. A nova pista construirase principalmente con medios municipais, o que rebaixará o seu custo ata os 15.000 euros.


Por último, o plan municipal para a recuperación do patrimonio ten asignado para este ano un orzamento de 150.000 euros que se investirán na restauración dos lavadoiros de Moreira, A Montesiña, Lourido e A Lavandeira, en Arcade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: