www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

O saxofonista Van Zoelen ofrece un concerto acompañado de 35 instrumentos históricos
Cultura • 3/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O músico imparte durante toda a semana un curso de saxofón no Conservatorio Victor Ureña e o venres ás 20:00 horas ofrecerá no Multiúsos un concerto xunto ao pianista Martien Maas. Andreas Van Zoelen chega a Redondela acompañado de máis de 30 saxos, entre os que se atopa algunha peza histórica saída do taller de Adolphe Sax. O valor destes instrumentos obriga a telos custodiados pola policía.


A orquestra de Saxos en colaboración co ANPA do Conservatorio e o Concello organizan esta semana un curso a cargo do músico e historiador Andreas Van Zoelen, especializado en historia do saxo publicou o libro "La historia sonora del saxofón. Desde Adolphe Sax a nuestros días".


Ademais do curso que está a impartir no Conservatorio o músico chega a Redondela co seu vehículo cargado de saxofóns, algún deles de valor incalculable, o que obrigou a poñer en marcha un protocolo especial coa policía para velar pola seguridade dos instrumentos.


Aproveitando a súa presenza en Galicia, Van Zoelen achegarase tamén aos conservatorios de Pontevedra e Vigo onde fará un concerto con tódolos saxos que trae, acompañado o piano polo pianista Martien Mass.


Xa o venres impartirá un concerto no Multiúsos no que os espectadores poderán gozar de diversas pezas interpretadas polo mestre con diferentes saxos, que permanecerán expostos no escenario.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: