www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 10 de Decembro de 2018

Exposición e mesa redonda en torno á figura de Carlos Casares
Cultura • 3/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de cultura organiza este xoves ás 19:30 horas un acto en torno ao escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Baixo o título Carlos Casares, Creación e compromiso ético, o multiúsos da Xunqueira acollerá unha mesa redonda na que participarán o escritor e crítico Carlos L. Bernárdez e Miguel Valverde, membro da Fundación Carlos Casares. O acto clausurarase cun concerto a cargo da Orquestra de Saxos.


A mostra, comisariada polo escritor e crítico Carlos L. Bernárdez, repasa a traxectoria vital e artística do escritor homenaxeado e poderá visitarse ata o 15 de maio.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: