www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

"Baraka" e "17 años juntos" triunfan no Redondela en Curto
Cultura • 2/05/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A comedia "17 años juntos" de Javier Fresser foi elixida polo público como mellor das curtametraxes proxectadas no festival na sección oficial. O xurado optou por un drama "Baraka" de Néstor Ruiz Medina, unha cinta ambientada nos meses que antecederon á guerra de Iraq con dous irmáns obrigados a separarse como protagonistas e que se fixo co título de mellor película desta XIII edición do Redondela en Curto.


Unha semana de cine en pequeno formato que se pechaba este domingo coa entrega dos premios aos mellores traballos e agradecemento especial para a Asociación Andaina encargada de coordinar a sección "Cine no ensino" que permitiu a 1.400 escolares de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Pontevedra achegarse tamén ao certame. Unha sección que premiou a curta "Ni dos ni cuatro" de Sergi González.


Fóra da sección oficial, no espazo "Cine Galego" a mellor valorada polo público foi a curtametraxe de ficción "Superpunky", de Pablo Cacheda de Paz e no apartado "Curtísimas", no que competían películas de menos de catro minutos de duración, os votos do público foron para "Estribillo", de César Tormo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: