www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

O BNG critica que a humanización da Avenida de Vigo non contemple a eliminación do tráfico pesado
Política • 28/04/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O edil nacionalista Xoán Carlos González, afirma que o goberno de Javier Bas "nunca permitíu aos colectivos veciñais e sociais realizar achegas no Proxecto da Avenida de Vigo" xa que a presentación ao Consello Parroquial de Chapela destas obras "foi a posteriori de seren adxudicadas". Critican ademais o proxecto por non incluír ningunha medida que formule a eliminación do tráfico pesado por este punto de Chapela.


Segundo Xoán Carlos González "o goberno de Javier Bas ninguneou ao Consello Parroquial, impedindo que puidera presentar propostas antes de que se licitaran as obras". O único que fixo o goberno local foi "dar conta do que se ía a levar a cabo cando xa a obra estaba adxudicada e non se podían facer grandes achegas".


Engaden os nacionalistas que "para o BNG, a eliminación do tráfico pesado neste punto de Chapela, xunto á redución do tráfico rodado en vehículo particular, son pezas clave neste proceso, sen embargo non existe proxecto para desviar os camións, e o PP en Compostela, nega a posibilidade de eliminar a peaxe para desviar o tráfico que pasa por esta parroquia", destaca o concelleiro nacionalista.


Considera Xoán Carlos González que "detrás de todos esta estratexia asoma a incapacidade do goberno de Javier Bas, de formular unha verdadeira humanización dos espazos públicos de Redondela. A filosofía que debe sustentar esta inversión económica e social, baséase no dereito dos cidadáns a  ocupar as rúas".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: