www.radioredondela.com | Hoxe é Sábado, 23 de Febreiro de 2019 |
Presentación do libro "Non des a esquecemento" de Luis Bará en Arcade
Cultura • 21/04/2017
Autor: M. X. Queimaliños O BNG de Soutomaior organiza hoxe ás 21:00 horas no Multiúsos de Arcade a presentación do libro "Non des a esquecemento". O escritor, profesor e deputado acompañará a súa presentación cunha proxección gráfica na que os asistentes poderán visualizar imaxes dos tempos máis escuros da nosa historia durante a ditadura de Franco. A obra presta especial atención á represión na área de Vigo e arredor da illa de San Simón. O libro recolle episodios da represión en Vilaboa, concello natal de Luís Bará; relatos de mulleres represaliadas; una crónica "Fragmentaria" do terror vivido en San Simón ; unha homenaxe ás casas refuxio que acolleron persoas fuxidas; xunto con outras historias acontecidas en terras de Pontevedra, o Morrazo, Vigo ou o Salnés O libro é unha compilación dos artigos publicados no blog Non des a esquecemento ao longo de case tres anos, desde comezos de 2014 a setembro de 2016. Relatos do xenocidio fascista en Galicia, da resistencia e da solidariedade "tempos de represión, asasinato e persecución que debemos lembrar para que as xeracións máis novas coñezan a historia de barbarie fascista, só así poderemos evitar que se repita" explica Bará.
|
Comentarios |
|
|