www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Presentación do libro Da identidade á norma no Multiúsos
Cultura • 19/04/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Vitor Vaqueiro presenta o libro Da identidade á norma (editado por Laiovento) do que é autor xunto con Nicolás Xamardo. Vaqueiro estará acompañado na presentación do tamén escritor Xosé María Alvarez Cáccamo. Unha actividade enmarcada dentro das Conversas de Alén Nós que se desenvolverá este xoves ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira.


Vitor Vaqueiro (Vigo, 1948), licenciado en Química e doutor en Ciencias da Comunicación, foi profesor de Matemáticas de Ensino Medio, de Fotografia na universidade de Compostela e diretor do Arquivo Pacheco. Autor de libros de poesia (Traxectorias, Palavras a Espártaco), relato curto (Os xenerais de África), novela (Os espellos do tempo) Etnografia (Mitoloxia de Galiza), fotografia (Rituais) ou história da Fotografia (Pacheco, a memória dun tempo e dum país).


Da identidade à norma desexa mostrar o carácter esencialmente político que toda norma escrita leva implícito e a falsidade de situar a escolla dunha alternativa gráfica alén da neutralidade ou da asepsia científica.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: