Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Obradoiro sobre a pedagoxía Montessori
Cultura • 19/04/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Axúdame a expresarme! é o nome da actividade que organiza o servizo de Normalización Lingüística e que se vai desenvolver o xoves 27 de abril ás 18:00 horas no Multiúsos. Un obradoiro sobre a pedagoxía Montessori orientado a público adulto que precisa de inscrición previa antes do vindeiro martes no enderezo normalizacion@redondela.es ou no teléfono 986 400 300, preguntando polo Servizo de Normalización Lingüística.


Sara Penas será a encargada de guiar este obradoiro, incluído no proxecto Apego, sobre a pedagoxía Montessori. Esta consiste nun método educativo innovador que aposta pola autonomía da crianza, dende a comprensión e relación pai/nai-fillo/filla, para facilitar o desenvolvemento das capacidades intelectuais, sociais e físicas do cativo.


A actividade está orientada a profesionais da educacións, pais e nais e proceso de crianza e público en xeral interesado neste método educativo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: