Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Agosto de 2018

Redondela competirá con catro bateis no Campionato Galego que se celebra en Meira
Deporte • 18/04/2017
Autor: Ana Prieto

As augas de Moaña acollerán unha proba autonómica con moita presenza redondelá. Serán tres barcos do C.R.Chapela das categorías xuvenil e absoluta feminina e alevín masculina, e un cuarto do club de Cesantes de xuvenil masculina. En Chapela destacan as opcións das embarcacións femininas, que confían clasficar para o Campionato de España que se celebrará en Biscaia.


O presidente do club, Julio Prado, destaca o bo estado de forma do batel feminino absoluto, que foi prata no Campionato Territorial Sur, no que se impuxo Mecos por un segundo de diferencia. O club de Chapela tamén clasificou o batel xuvenil feminino, que foi terceiro na regata provincial, e ao alevín masculino, que foi segundo. As clasificatorias da regata autonómica serán o sábado en augas de Meira, Moaña, e as finais o domingo. O club de Chapela parte con opcións, sobre todo nas categorías femininas, onde a entidade está a facer unha aposta decidida nos últimos anos. Prado confía en que as deportistas se clasifiquen para o Campionato de España, que se celebra os días 29 e 30 de abril, en augas do Nervión en Sestao, Biscaia. Entende que o batel con máis opcións será o absoluto, un barco xa consolidado nas últimas temporadas e que estivo a colleitar bos resultados na liga territorial. No campionato galego desta fin de semana estará tamén o C.C.D. de Cesantes co batel xuvenil masculino. As regatas clasificatorias comezarán en Meira o sábado ás 17.00 horas. Clasificaranse para a final os dous mellores de cada quenda, e o mellor tempo dos terceiros en cada unha das categorías. As finais disputaranse o domingo a partir das 11.00 horas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: