www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

Almorzos e comidas na xornada de portas abertas do obradoiro de emprego de Soutomaior
Sociedade • 18/04/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Obradoiro de Emprego "Hostalaría Verdugo" de Soutomaior vai levar a cabo o vindeiro xoves día 20 de abril o I Xornada de portas abertas. Nesa xornada a partir das 8,30 horas, todos aqueles que queiran poderán gozar dos pratos que os alumnos-traballadores preparen. Para reservar praza e evitar maior número de asistentes  ao inicialmente programado é necesario anotarse nas oficinas do Concello ou no teléfono 986 705106.


Desde as 8,30 horas e ata as 10,00 horas a sala de restaurante-bar estará a disposición dos visitantes para que poidan poderán gozar dun almorzo preparado por alumnos da especialidade de Restaurante-Bar.  Xa a partir das 13,30 h. aqueles que o desexen poderán gozar dunha comida. O menú estará formado por pratos preparados polos  alumnos da especialidade de Cociña.


Nos almorzos o aforamento estará limitado a 50 servizos e na comida a 40.


Á chegada dos  asistentes ao comedor serán recibidos polo  Director e a Titora do Obradoiro e acomodados na sala polo alumnado.


A celebración desta xornada de portas abertas ten como finalidade dar a coñecer o traballo que os participantes no obradoiro fan nesta instalación, así como facilitar que poñan en práctica todos os coñecementos adquiridos durante os meses que o obradoiro leva funcionando.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: