Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 15 de Agosto de 2018

O Colectivo Republicano conmemora a II República con homenaxes, exposicións e música
Sociedade • 12/04/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A primeira das citas será este mesmo venres coa inauguración ás 20:00 na cafetería Na Lúa da exposición fotográfica Criminalización do pensamento, na que se recolle un conxunto de imaxes seleccionadas por Félix Cal. No programa inclúen tamén un concerto na discoteca La Movida, unha foliada republicana na DiscoTasca e unha homenaxe aos republicanos asasinados o día 22 ás 19:00 horas no Cemiterio dos Eidos. Haberá unha lembranza especial a Raimundo Cal, Manolo Barros e Xaime Serín, redondeláns xa falecidos que reivindicaron e loitaron polo establecemento dunha república popular.


A exposición fotográfica, na que se recollen entre outras imaxes das mobilizacións dos traballadores de Regojo poderá verse dende o 14 ao 24 de abril na cafetería Na Lúa. Unha mostra que se completa co outras actividades como o concerto do vindeiro venres día 21 que se realizará na discoteca La Movida con actuación dos grupos Empanada Folk, Tok, Relámpago Rock e El Garito del Gordo.


Xa o sábado 22 ás 19:00 horas terá lugar o tradicional homenaxe os republicanos asasinados na fosa común do cemiterio do Eidos e nomearase socios de honra a Raimundo Cal, Manolo Barros e Xaime Serín.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: