www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Critican que o goberno non solicitase á Deputación melloras na seguridade vial en Saxamonde
Política • 12/04/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Ante a inminente posta en marcha do Plan Móvese do ente provincial, o BNG cuestionan que o goberno de Redondela "ignorase un treito de arredor de 1km de estrada provincial, na zona dos Valos, en Saxamonde que presenta importantes carencias en canto á seguridade". O edil nacionalista  Xoán Carlos González considera que se trata dunha "nova mostra do desinterese pola mellora da seguridade viaria dos dirixentes municipais".


O plan Móvese contempla a instalación de pasos de peóns sobreelevados, a sinalización de zonas con límites de velocidade a 30km/h ou redutores físicos de velocidade nas estradas provinciais. Para Xoán Carlos González, non existe ningunha xustificación para que non se formularan iniciativas para a mellora da seguridade viaria nos Valos. "Trátase dun treito con curvas sinuosas que preceden a unha recta onde os vehículos alcanzan velocidades elevadas. Ademais de haber unha ducia de vivendas afectadas, encóntrase o acceso á Área de Chan das Pipas, e o seu Centro Cultural. Toda unha xeira de elementos, que indicaban a idoneidade para prantexar á Deputación a mellora na seguridade viaria, malia o cal o goberno de Javier Bas non presentou ningunha solicitude neste sentido", resalta.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: