www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

En forma co cómico Marcos Pereiro
Cultura • 12/04/2017
Autor: M. X. Queimaliños

"Como ser armario empotrado" é o título do monólogo que ofrecerá Marcos Pereiro no Auditorio Multiusos de Redondela o sábado, 15 abril ás 21:00 horas. As entradas están á venta no restaurante Lemos, na cafetería O Cruceiro e a través de Ataquilla a un prezo de 6 euros, (anticipada), 8 euros na billeteira.


O actor cullerense presenta o seu novo espectáculo en solitario cunha xira coa que visitará ata sete cidades de Galicia cun texto escrito polo propio Marcos Pereiro xunto co dramaturgo Manolo Cortés no que repasa unha serie de consello cos que estar en forma e chegar a ter o envexable corpo do protagonista.


Pereiro segundo di, sabe ben que estar en forma está cada vez máis de moda. El mesmo é un asiduo cliente dalgúns dos mellores ximnasios de Galicia: aqueles nos que hai toallas de balde para secar o suor e clientes de enorme categoría, como por exemplo Armario Empotrado, a quen Pereiro prestou especial atención durante meses collendo ideas que agora traslada aos escenarios.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: