Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Sonia Lebedynski pecha o ciclo da Rede de Músicas Soltas cun concerto no Multiúsos
Cultura • 7/04/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A artista que fecha as Músicas Soltas 2017 é Sonia Lebedynski, quen chega a Redondela para presentar o seu disco "Deserto de Centos". Un concerto que terá lugar o sábado 8 ás 21:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. As entradas están xa a venda a un prezo de 7 €/ 5€ entrada reducida.


Sonia Lebedynski ten unha longa traxectoria no mundo da música dende os seus inicios con tan só trece anos como voz solista de Vaite-embora!. Desde entón ten colaborado con múltiples formacións e artistas, ademais de ter sido a voz de Fía na Roca durante máis de dez anos. Mais non foi até o 2016, logo de décadas sobre os escenarios, cando bota a andar a súa carreira en solitario, co disco "Deserto de centos", que virá presentar a Redondela o 8 de abril. Estamos diante dun disco de autora que é resultado de todas as músicas das que foi bebendo ao longo súa traxectoria musical e vital: trad, folc, funk, pop, música brasileira.


Unha aposta atrevida e moi persoal, que estará acompañada en directo por Sérgio Tannus (dirección musical e cordas), Carlos Freire (percusións), Roberto Comesaña (piano e acordeón), Martiño Domínguez (saxo tenor e barítono) e Jose Luis Miranda (trombón). Ademais de Sérgio Tannus na dirección musical, en "Deserto de centos" colaboraron na parte creativa moitos nomes destacados da música galega, como Xosé Lois Romero, Guadi Galego e Óscar Losada, en letras, músicas e arranxos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: