Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Os comerciantes de Pai Crespo organizan a I Festa da Primavera para revitalizar a rúa
Sociedade • 7/04/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Unha festa de temática mexicana que arrancará ás 19:00 horas con música a cargo do grupo de mariachis Noite de Ronda e a degustación nos locais de hostalaría de pinchos relacionados coa gastronomía mexicana: nachos, frijoles, quesadillas... A papelería Moliere e a tenda de artesanía Burbulla sumáronse tamén a iniciativa e ofrecerán aos seus clientes descontos aos especiais.


A rúa está xa decorada co obxecto de que todo o mundo coñeza que a de hoxe é unha xornada especial, unha tarde noite na que oito locais da zona -Disco Tasca, Artesanía Burbulla, Os Viadutos, El Tesla, Gastrobar 78, Bar Central, Cafetería A Farola e Librería Moliere- únense para organizar unha festa que nace con intención de continuidade "todo dependerá do éxito que teña esta primeira edición" explica dende Os Viadutos o seu propietario José Manuel González.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: