www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Decembro de 2018

Tres corais acompañadas da banda de Música de Redondela actúan no I Concerto da Primavera
Cultura • 6/04/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O pavillón da marisma acolle este domingo 9 de abril un concerto no que a banda de Música baixo a dirección de Jesús Martínez estará acompañada das corais A Raiña de Cedeira, Alvedosa de Redondela e a coral polifónica de Pazos de Borbén. O concerto arrancará ás 18:30 horas con entrada de balde.


As formación musicais presentarán un repertorio cargados de pasodobres, unha selección de zarzuelas e boleros e varias cancións do cantante Nino Bravo. Temas tan populares como Noelia, América e Un beso y una flor. Un programa que inclúe tamén o tan versionado poema Negra Sombra de Rosalía de Castro  e a peza musical La Junquera dedicada á vila de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: