Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

A SAR Plastic Omnium buscará en Cangas o punto que lle falta para asegurar a salvación
Deporte • 4/04/2017
Autor: Ana Prieto

Os de Carlos Rey teñen un colchón de sete puntos sobre o descenso, dun total de oito en xogo. Con todo, son prudentes, e confían en sumar este o domingo ante o Luceros. Podería darse a circunstancia de que viaxasen a Cangas xa salvados, se o sábado o o Octavio perde co Chapela, co que estaría xa descendido.


O triunfo da pasada xornada en Redondela ante o Magope Seis do Nadal deulles a tranquilidade necesaria para afrontar os catro partidos que quedan de liga. A remontada ante os de Coia diminúe a "presión" sobre o equipo, que chegaba a esa cita coa necesidade de sumar. Agora o técnico, Carlos Rey, fala coa satisfacción de ter "os deberes feitos" e non pasar apuros no que resta de liga. Non foi unha temporada doada para a SAR, que experimentou moitos cambios no vestiario coa incorporación de moitos xogadores novos, procedentes do xuvenil. A falta de experiencia de moitos deles, sumado ás baixas de xogadores importantes para o equipo, lastraron o comezo de liga. Pero o traballo do equipo deu os seus froitos, e pouco a pouco foise consolidando un grupo competitivo, sobre todo no aspecto defensivo. A xuventude do conxunto fai que o adestrador mire con optimismo cara as próximas temporadas. O bo rendemento dos xogadores de entre 16 e 19 anos fai pensar que nas próximas campañas a SAR poderá aspirar a obxectivos máis ambiciosos. Pero antes deben consolidar o obxectivo da presente liga, certificar a permanencia na Primeira Nacional. Todo pasa por sumar un punto, o que podería acontecer esta mesma fin de semana en Cangas ante o Luceros. Será un partido complicado, xa que o filial do Morrazo podería aliñar a xogadores da liga Asobal. A Sar, pola súa banda, viaxa coa tranquilidade de saberse "libre da presión" coa que vivían nas pasadas xornadas. Mesmo podería darse a circunstancia de que viaxasen a Cangas xa salvados, se o sábado o o Octavio perde co Chapela, co que os vigueses estarían xa descendido. Os de Fran Teixeira están ademais na obriga de gañar, se queren manter algunha opción de pelexar pola fase de ascenso. A SAR xoga o domingo ás 12.30 no Municipal do Gatañal. O Rodosa Chapela xoga co Octavio no Pavillón das Travesas o sábado ás 18.30.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: