www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Presentación do libro "Non des a esquecemento" de Luís Bará
Cultura • 4/04/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A obra presta especial atención á represión na área de Vigo e arredor da illa de San Simón. O acto terá lugar na Casa da Cultura o xoves 6 ás 20:30 horas e ademais do autor intervirán Andrés Couñago Laxe, Olga Nogueira e Manuel Puga Pereira. O libro recolle episodios da represión en Vilaboa, concello natal de Luís Bará; relatos de mulleres represaliadas; una crónica "Fragmentaria" do terror vivido en San Simón ; unha homenaxe ás  casas refuxio que acolleron persoas fuxidas; xunto con outras historias acontecidas en terras de Pontevedra, o Morrazo, Vigo ou o Salnés


O libro é unha compilación dos artigos publicados no blog Non des a esquecemento ao longo de case tres anos, desde comezos de 2014 a setembro de 2016. Relatos do xenocidio fascista en Galicia, da resistencia e da solidariedade que segundo afirma Bará son "a resposta a unha necesidade vital: a procura da verdade e da xustiza arredor das vítima da represión franquista en Galicia, a vontade de contar o que pasou nun relato emocional, subxectivo, belixerante, impregnado da memoria oral, receoso dos informes oficiais e afastado tamén da neutralidade e da distancia de moitos estudos académicos".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: