www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Falece aos 59 anos de idade Emilio González Iglesias, ex concelleiro socialista en Redondela
Sociedade • 3/04/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Concelleiro en Redondela dende o ano 1983 ata o 2011, Emilio González falecía na mañá de hoxe por unha complicación na aorta logo de sufrir o pasado sábado unha anxina de peito. Durante case tres décadas exerceu de man dereita do alcalde durante os mandatos de Xaime Rei, asumindo as responsabilidades de Economía e Facenda e Urbanismo. Exerceu tamén como voceiro do PSOE na Deputación ata que presentou a súa dimisión en maio de 2010.


Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: