www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

O deputado nacionalista Luís Bará leva ao parlamento as reivindicacións de Chapela
Política • 3/04/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Bará presentou aos colectivos de Chapela un conxunto de medidas que baixo o nome "Plan Chapela" buscan mellorar "a calidade de vida dun entorno que sufre o negativo impacto da ampliación da AP-9" e que van ser debatidas esta mesma semana no Parlamento. As propostas inclúen a eliminación da peaxe en Rande que permitiría retirar tráfico do centro da parroquia e a aplicación de medidas antiruído.


"Trátase dunha Proposición non de Lei que busca poñer en marcha diversas medidas para que o entorno da Avenida de Redondela sexa recuperado para os veciños e veciñas" explica Bará.


O denominado Plan Chapela, recolle como proposta máis salientable a eliminación da peaxe en Rande, co que se reduciría o paso diario de miles de vehículos pola N-552, a avenida de Redondela. Insiste en que cómpre presionar agora ás diversas administracións para que o negativo impacto da ampliación da AP-9, poida mitigarse o máis posible. Nese sentido apunta, a proposta de "converter en treito urbano esta parte da autoestrada, con reducións nas limitacións de velocidade, a aplicación de asfalto antiruído, e a colocación de pantallas acústicas".


No encontro participou o voceiro municipal, Xoán Carlos González, quen tamén afirmou que xa solicitara unha Comisión de Facenda, para que se creara unha partida económica co fin de poder iniciar a urbanización dos terreos onde se vai construír o novo Colexio.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: