www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Curso de musicoterapia para maiores de 60 anos
Sociedade • 3/04/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O centro de Día de Cesantes organiza un programa gratuíto de musicoterapia aberto á participación de todos os veciños de Redondela que teñan máis de 60 anos e queiran mellorar o seu benestar físico e emocional a través desta actividade que leva pro nome "Ao teu ritmo". A actividade desenvolverase todos os martes dende o 4 de abril ata o 4 de xullo en horario de 16:00 a 17:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. As persoas interesadas en participar poden inscribirse no propio Multiúsos.


Con esta iniciativa preténdese achegar a través da música e dos seus elementos, unha forma de manternos activos ao ritmo de cada un gozando duns beneficios físicos, emocionais e cognitivos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: