Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Xornada de sensibilización medioambiental na Casa da Cultura
Sociedade • 31/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A actividade, organizada polos grupos de acción local do sector pesqueiro, está destinada a xente do mar, emprendedores en actividades vinculadas ao mar, sectores auxiliares da pesca, asociacións e público en xeral. A xornada desenvolverase na casa da cultura o venres 31 ás 19:00 horas. Participan Elena Herbello e Ricardo Prego.


Baixo o título "Xornada de información das axudas e sensibilización medioambiental" os grupo de acción costeira da ría de vigo organiza o venres da vindeira semana unhas charlas que contarán coa intervención de Elena Herbello, encargada da presentación de axudas estratéxicas de desenvolvemento local participativo, e Ricardo Prego quen falará das condicións oceanográficas que favorecen a depuración de contaminantes na ría de vigo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: