www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

400 remeiros participan esta fin de semana na regata de bateis "Bandeira do Porvir" de Chapela
Deporte • 31/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Club de Remo de Chapela organiza esta fin de semana o IX Regata de Bateis Bandeira do Porvir (Memorial Obdulio Igresias "Odilo") coa participación de doce clubs de toda a provincia.A competición arrincará o sábado, ás 17.00 horas, nas inmediacións do paseo de Cardona, e continuarán o domingo ás 11.00 horas. En total mobilizaranse máis de 80 embarcacións e 400 remeiros dos distintos clubs participantes.


Os organizadores da proba destacan que se entregarán medallas para o tres primeiros clasificados de cada categoría e o club que obteña maior números de puntos sumando os obtidos nos dous días de competición farase coa Bandeira.


O campo de regatas será en paralelo ao paseo marítimo e á praia de Arealonga, polo que facilitará o seguimento da proba. A proba conta coas categorías feminina de alevíns, promesas, xuvenil e absoluta, e a nivel masculino, con alevíns, infantís, cadetes, xuvenil e absoluta.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: