www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

A adaptación teatral de "A galiña Azul" de Carlos Casares chega a Redondela
Cultura • 29/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Esta peza, adaptada por Abu teatro, representarase o venres ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde. Unha actividade da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística que ademais de promover a lingua entre o público familiar, constitúe tamén unha homenaxe a Carlos Casares, autor da obra e a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.


A galiña azul contén cinco historias entrelazadas que transmiten mensaxes tan importantes como a defensa da diversidade lingüística, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. Para iso, a compañía responsable da adaptación, Ubú Teatro, emprega diferentes técnicas, como a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown.


Esta obra teatral estará interpretada por Ana Carreira e Manu Porto e ten una duración de 45 minutos. Historias fantásticas, onde os humanos comparten protagonismo cos animais. Singulares e mesmo entrañables. Así son os contos de "A galiña azul", un libro escrito polo autor ourensán Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002), homenaxeado este ano nas Letras Galegas, e que o grupo Ubú Teatro vén de adaptar para o teatro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: