www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

A Festa da ostra amplía a súa oferta gastronómica
Sociedade • 28/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A XXXI edición da Festa da Ostra celebrarase os días 1 e 2 de abril e faino con novidades na súa oferta gastronómica. O prato rei poderá degustarse este ano xunto con ameixas ou anguías, produtos da lonxa de Arcade que acompañarán ás tradicionais ostras ao natural, en escabeches e empanada. Ademais das actividade musicais e festivas propias desta cita, o programa inclúe este ano unha exhibición de talla en madeira con motoserra a cargo do escultor Marcos Mariño.

 


Pendentes do tempo pero envorcados na organización, dende a Concellería de Turismo Dolores Cernadas confía en que a afluencia de público volva ser masiva nesta edición que se celebra na fin de semana. Como novidade no gastronómico inclúese a oferta "produtos da nosa lonxa" coa degustación de ameixas e anguía que acompañarán ás tradicionais ostras ao natural, en escabeche, empanada de ostras, etc.


O prezo das ostras ao natural será a ducia a 7 € e a empanada de ostras e as ostras en escabeche a ración será a 6 €. O viño ribeiro a 4 € e o albariño de Soutomaior a 8 €.


Os actos festivos iniciaranse o sábado día 1 ás 11,00 horas cunha exhibición en talla de madeira con moto serra a cargo do artista loca Marcos Mariño, quen a partir dun tronco de 1,30 centímetros fará unha ostreira cun cesto de ostras


A apertura das casetas de venda de ostras terá lugar ás doce do mediodía amenizado coa charanga "A cabeza non para" e xa pola noite, a partir das dez, a verbena contará coa actuación das orquestras Xacobeo e Paris de Noia.


O domingo as casetas abriranse ás 10:00 horas e as bandas de música Artística de Arcade e Banda de música Cultural de Arcade ofrecerán os seus tradicionais pasarrúas. Ás 13:00 horas terá lugar o pregón da festa a cargo do popular actor e humorista galego Luís Zahera.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: