www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Outubro de 2018

O Campito chega ao derbi reforzado
Deporte • 27/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O equipo de Chapela e o Redondela FS medirán as súas forzas o vindeiro sábado nun encontro que se disputa no pavillón da Marisma ás 16:15 horas. Un partido ao que ambos os dous equipos chegan en situacións diferentes. O Campito logo de acadar esta fin de semana unha nova vitoria que o afianzan nos postos altos da táboa e o Redondela tras caer ante o lider da categoría.


O Campito foi o único dos tres equipos de Redondela que militan na autonómica Sur que logrou facerse cos puntos en xogo esta fin de semana. Un partido ante un dos equipos máis febles do grupo. O Celado que rematou co resultado de 4-1. No cuarto posto da categoría, os de Chapela xogan na vindeira fin de semana no pavillón da Marisma, onde medirán as súas forzas co Redondela, un equipo que caída ante o líder, o Lume Corbatas, por 3-1. Os de Manuel Otero, malia a derrota, mantéñense na sétima praza do grupo.


Derrota tamén para o Arealonga que visitaba o campo do Alonso Serodio en Mos e que caía pro 1-3. Na vindeira semana xogan na casa e reciben As Neves.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: