www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Detidos os dous atracadores da oficina de correos de Chapela
Sucesos • 24/03/2017

Sobre ás 14.30 horas deste venres dous homes entraron na sucursal cunha arma branca e o que parecía unha arma de fogo. Estimase que a cantidade substraída ascendeu a 400 euros. A Policía Nacional puxo en marcha un dispositivo de procura para localizar aos autores do atraco que finalmente foron detidos.


Segundo fonte spoliciais, o atraco tivo lugar pasadas ás 14.30 horas deste venres na oficina de Correos do Camiño Oliveira, en Chapela. Dous homes, que ocultaban a súa cara con casco, entraron na sucursal cunha arma branca e o que parecía unha arma de fogo coas que ameazaron a unha das empregadas.


Até o lugar dos feitos desprazáronse efectivos de policía xudicial e policía científica. Así mesmo, varias dotacións do 091 interceptaron un vehículo sospeitoso na N-552, preto do Alto da Encarnación. Unhas investigacións que permitiron finalmente deter aos dous presuntos autores do atraco.